sábado, 18 de junio de 2022

DESPEDIDA DE CURSO

Hai 9 meses pensabamos que quedaba moito por recorrer pero mira tí, xa temos aquí a recta final do curso.
Foi un ano esperemos de de transición cara a nova normalidade, que desexamos que sexa a tónica xeral para o 22-23.
Pero, como con todo o que remata, sempre está ben facer un balance global e para iso faltábanos por recompilar una serie de actividades que levaron a cabo varios departamentos que agora vos presentamos


Raquel Sierra Figueroa, profesora do departamento de tecnoloxía realizou estas dúas actividades co alumnado de FP Básica II, no módulo de Ciencias Aplicadas: 
ACTIVIDADE 1.- Aplicando o método científico
Tratábase de darlle resposta á seguinte pregunta: “A medida que as follas dunha árbore crecen ao longo, fano tamén ao ancho? É dicir, ¿o ancho da folla é proporcional á lonxitude da mesma?”
Para tal investigación, fixeron este guión de traballo:;
Actividade 1
Recoller follas na contorna do IES, arredor de 10, identificando as especies
Actividade 2
Secar as follas na aula
Actividade 3
Numerar as follas
Actividade 4
Tomar as medidas de cada folla e construir unha táboa de datos. Logo, gardar as follas medidas por se houbera que volver medilas
Actividade 5
Representar as medidas nun eixe de coordenadas. Obter a “nube de puntos”: ¿cal é o seu aspecto?
Responde á pregunta: ¿aumenta ao longo e ao ancho de xeito proporcional?
Actividade 6
Calcular a “folla media”
Será a que ten de longo a media de todas as xi e de ancho a media de todos os yi.. Usar a calculadora
Actividade 7
Representar na gráfica de puntos o punto correspondente á “folla media”
Actividade 8
Debuxar a recta que pasa por (0, 0) e polo punto que representa a “folla media”. ¿É a recta que parece acercarse máis a todos os puntos?
Actividade 9
Obter a ecuación desa recta: y = mx, que é a fórmula de crecemento da “folla media”. Para iso tes que calcular o valor da pendente “m”
Actividade 10
Escribe un informe para entregar
Posteriormente, presentaron un informe cos datos. Velaquí amosamos algunhas fotos do proceso:


A 2ª ACTIVIDADE afondou nas matemáticas. Con ela pretendíase traballar a xeometría de forma lúdica comprobando con axudas duns bricks a ralación de Euler:
caras + vertices = arestas + 2
C + V = A +2

O desenvolvemento da actividade e o resultado final foron estes:

Neste grupo tamén a profesora Patricia Blanco Vigo fixo co seu alumando de FP básica:
PRODUCIÓN ECOLÓXICA
A produción ecolóxica cada vez está máis de moda. Evitar produtos químicos como fertilizantes e praguicidas ou organismos xeneticamente modificados implica obter alimentos máis saudables e nutritivos, á vez que se respetan as dinámicas naturais dos ecosistemas.
O alumnado de FP Básica é consciente disto e, coa axuda da súa profesora Patricia están a cultivar verduras, hortalizas e plantas aromáticas deste xeito.
Ademais, durante os recreos, a comunidade educativa puido adquirir estes produtos por un módico prezo, sendo o alumnado deste ciclo o que leva as contas e aprende a xestionar os cartos.
Velaquí vemos unha foto deste mercadillo que se sitúa fronte á cafetería durante os tempos de lecer:


Hai que sinalar tamén que este alumnado xestiona un composteiro que serve tanto para depositar residuos como para extraer o abono resultante. Así, elaboran tamén compost, tan útil para o ciclo da produción ecolóxica.
Proseguindo copn esta liña de actividades moi prácticas, a mesma profesora axudoulle ao alumnado de FP básica na:

ELABORACIÓN DE XABÓN DE ROMEU CON GLICERINA
Queredes saber como elaborar xabón na casa? Podedes seguir esta receita:


E consegueu este resultado final


O outro profesor especialista en FP básica I, Mario Soto López fixo da matemática e a xardinaría unha combinación perfecta na actividade: 
“Replanteo de figuras xeométricas”
Dita proposta constistía no replanteo dunha zona axardinada, aprendendo a trazar distintas formas xeométricas como circunferencias, triángulos, curvas ou elipses.
Para isto, seguíronse planos como o seguinte:

Aquí podemos ver parte do traballo de campo:


O xefe do departamento de tecnoloxía, José Barcia Díaz, tamén contribuiu ao asunto facendo uso da impresora 3D para construir unha figura.
O primeiro paso consistiu en modelar a peza


Logo puxeron a andar a impresora


E finalmente aquí temos o resultado final


O departamento de matemáticas, moi activo  coma sempre, desenvolveu o tradicional traballo 
Pi-tuits
A elección do 14 de marzo para a celebración do Día das Matemáticas ten unha gran historia detrás. Hai máis de 30 anos, ao físico estadounidense Larry Shaw ocorréuselle enlazar o número π (pi), cuxas primeiras cifras son 3,14; co día 14 de marzo (en inglés estadounidense, a fecha escríbese 3/14). E desde aquela, dito día conmemora tan exacta ciencia.
Desde o Departamento de Matemáticas do IES Mugardos quixeron honrar esta data propoñéndolles aos alumnos que redactasen unha frase cuxas palabras tiveran tantas letras como indican as primeiras cifras do número Pi. É dicir, a primeira palabra tería 3 letras, a segunda 1, a terceira 4... e así consecutivamente ata ir creando unha curta frase, similar a un tuit.
Esta actividade levárona a cabo en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística, co Departamento de Filosofía e co Equipo de Biblioteca, que axudaron na difícil labor de elixir aos gañadores.
Velaquí podemos ver os pituits gañadores. ¡Noraboa!




En 1º ESO traballaron tamén a fotografía matemática
Logo da explicación dos contidos xeométricos relativos a este curso, propúxoselle ao alumnado de 1ºESO que observasen no seu entorno formas xeométricas, que as inmortalizaran en fotografías e as presentasen. Estas foron algunhas delas:

Círculo e liñas paralelas:



Círculo co centro e radios


Universo Triangular




Por outra banda tamén puxeron en marcha, en colaboración co Equipo da Biblioteca do centro, puxo en marcha un concurso de vídeos consistente en explicar algún contido matemático dunha maneira lúdica, diferente, animada, á que chamaron CONTANDO MATES.
Dita proposta tivo unha gran acollida polo alumnado do centro, e escoller os mellores vídeos foi moi complicado. Había que valorar o aspecto técnico, a dificultade da explicación realizada, así como a corrección lingüística, dado que era un requisito necesario que a lingua vehicular fose o galego.
Velaquí podemos ver algunha captura dos vídeos gañadores:

Daniela Corral Barro (1ºESO B) – Sucesión de Fibonacci e a súa presenza na natureza:


Alicia Fernández (1ºESO B) – Os fractais



Noa Montenegro (1ºBAC B) – Explicación sobre a orixe das unidades de medida



Juan e Emma (2ºBAC) – Os fractais



A visita da profesora Emma Villar a Polonia por mor dunha experiencia Erasmus+ aportou ideas metodolóxicas para levar a cabo co seu alumnado de 1ºESO, como por exemplo a construción duns corpos xeométricos cuxas plantillas de referencia foron facilitadas por profesorado de Varsovia. Alén do traballo manual que conleva o recorte, cosido e posta en pé do corpo, aproveitouse para traballar o clima da aula mediante a escritura, de defectos e virtudes nas aristas e caras dos corpos xeométricos, respectivamente. Desta maneira, non só se traballaron contidos matemáticos senón propostas de mellora da convivencia grupal.
A continuación, amosamos unhas fotos do procedemento de construción así como do resultado final.




Logo de explicar como calcular perímetros e áreas de figuras xeométricas sinxelas, o alumnado de 1ºESO saíu ao patio para identificar varias figuras xeométricas na contorna, como circunferencias, cadrados, rombos, trapecios... tomar medidas e por último, calcular tanto o seu perímetro como a súa área. Foi unha xornada lúdica e á vez moi produtiva, xa que foron conscientes de que estamos rodeados de xeometría, aínda que moitas veces non nos decatemos.







E con isto pechamos o "chiringuito" por este ano 
Xa só queda unha cousiña, que é darlle as grazas a todos os que, directa ou indirectamente, mantiveron vivo este fío do club de ciencias e puxeron ese grao de area co que estamos a levantar esta montaña ;-)
Boas vacacións