lunes, 28 de noviembre de 2022

FISIQUIÑOS 2022-23: QUÍMICA NA COCIÑA

Aquí estamos de volta. Curso 2022-23 iniciado, motores xa en quecemento e arrancamos un novo ano de "cousiñas" arredor disto que algúns están empeñados en chamar ciencia...(outros chámano vivir, outros nin o chaman...porque creen que non o utilizan...ainss bendita ignorancia).

Bueno, que me lío...os que algunha vez botastes unha ollada ao que aquí escribimos xa sabedes cal é o noso obxectivo: provocar a curiosidade e o interese sobre aspectos de caracter científico e levar a cabo experiencias relacionadas.

Este ano xa temos en marcha un taller de papiroflexia e o tradicional concurso de cifras e letras que organiza o departamento de matemáticas. No seu momento terán a súa entrada para ver como trancorreu o proceso e os resultados obtidos.

Pero hoxe empezamos pola primeira actividade que, visto o visto, parece que se está a converter nun clásico entre o alumnado de 3ºESO de física e química. 

Sempre é un pracer aproximar o mundo da cociña á rapazada pero dándolle un enfoque químico porque hai mooooita química en cada mestura, en cada reacción, en cada adición de ingredientes...

Todo culmina nunha xornada especial (e algo estresante, por certo, porque a loxística do evento implica o forno final...do  cal carecemos, máis aí sempre sae ao rescate o noso amigo Vicente, ao cal lle estamos sempre e eternamente agradecidos...) que agora recollemos no arquivo que podedes visualizar no enlace inferior.

Soemos chamerlle fisiquiños porque non atopo unha palabra mellor para definirt isto tan indefinible...non son só fotos, non é so un relato, é un pouco de todo, anaquiños de realidade con un pouco de química e outro de física, reflexións de "todo a cen" se o queres ver así.

Convidámosche a poñerte cómodo se dispós de 5 minutos, darlle ao play en you tube en 

https://www.youtube.com/watch?v=uJUe0xwjAW4

e deixarte levar facendo clic aqui.

Como probas do que ides a ver...algúns "botóns":










sábado, 18 de junio de 2022

DESPEDIDA DE CURSO

Hai 9 meses pensabamos que quedaba moito por recorrer pero mira tí, xa temos aquí a recta final do curso.
Foi un ano esperemos de de transición cara a nova normalidade, que desexamos que sexa a tónica xeral para o 22-23.
Pero, como con todo o que remata, sempre está ben facer un balance global e para iso faltábanos por recompilar una serie de actividades que levaron a cabo varios departamentos que agora vos presentamos


Raquel Sierra Figueroa, profesora do departamento de tecnoloxía realizou estas dúas actividades co alumnado de FP Básica II, no módulo de Ciencias Aplicadas: 
ACTIVIDADE 1.- Aplicando o método científico
Tratábase de darlle resposta á seguinte pregunta: “A medida que as follas dunha árbore crecen ao longo, fano tamén ao ancho? É dicir, ¿o ancho da folla é proporcional á lonxitude da mesma?”
Para tal investigación, fixeron este guión de traballo:;
Actividade 1
Recoller follas na contorna do IES, arredor de 10, identificando as especies
Actividade 2
Secar as follas na aula
Actividade 3
Numerar as follas
Actividade 4
Tomar as medidas de cada folla e construir unha táboa de datos. Logo, gardar as follas medidas por se houbera que volver medilas
Actividade 5
Representar as medidas nun eixe de coordenadas. Obter a “nube de puntos”: ¿cal é o seu aspecto?
Responde á pregunta: ¿aumenta ao longo e ao ancho de xeito proporcional?
Actividade 6
Calcular a “folla media”
Será a que ten de longo a media de todas as xi e de ancho a media de todos os yi.. Usar a calculadora
Actividade 7
Representar na gráfica de puntos o punto correspondente á “folla media”
Actividade 8
Debuxar a recta que pasa por (0, 0) e polo punto que representa a “folla media”. ¿É a recta que parece acercarse máis a todos os puntos?
Actividade 9
Obter a ecuación desa recta: y = mx, que é a fórmula de crecemento da “folla media”. Para iso tes que calcular o valor da pendente “m”
Actividade 10
Escribe un informe para entregar
Posteriormente, presentaron un informe cos datos. Velaquí amosamos algunhas fotos do proceso:


A 2ª ACTIVIDADE afondou nas matemáticas. Con ela pretendíase traballar a xeometría de forma lúdica comprobando con axudas duns bricks a ralación de Euler:
caras + vertices = arestas + 2
C + V = A +2

O desenvolvemento da actividade e o resultado final foron estes:

Neste grupo tamén a profesora Patricia Blanco Vigo fixo co seu alumando de FP básica:
PRODUCIÓN ECOLÓXICA
A produción ecolóxica cada vez está máis de moda. Evitar produtos químicos como fertilizantes e praguicidas ou organismos xeneticamente modificados implica obter alimentos máis saudables e nutritivos, á vez que se respetan as dinámicas naturais dos ecosistemas.
O alumnado de FP Básica é consciente disto e, coa axuda da súa profesora Patricia están a cultivar verduras, hortalizas e plantas aromáticas deste xeito.
Ademais, durante os recreos, a comunidade educativa puido adquirir estes produtos por un módico prezo, sendo o alumnado deste ciclo o que leva as contas e aprende a xestionar os cartos.
Velaquí vemos unha foto deste mercadillo que se sitúa fronte á cafetería durante os tempos de lecer:


Hai que sinalar tamén que este alumnado xestiona un composteiro que serve tanto para depositar residuos como para extraer o abono resultante. Así, elaboran tamén compost, tan útil para o ciclo da produción ecolóxica.
Proseguindo copn esta liña de actividades moi prácticas, a mesma profesora axudoulle ao alumnado de FP básica na:

ELABORACIÓN DE XABÓN DE ROMEU CON GLICERINA
Queredes saber como elaborar xabón na casa? Podedes seguir esta receita:


E consegueu este resultado final


O outro profesor especialista en FP básica I, Mario Soto López fixo da matemática e a xardinaría unha combinación perfecta na actividade: 
“Replanteo de figuras xeométricas”
Dita proposta constistía no replanteo dunha zona axardinada, aprendendo a trazar distintas formas xeométricas como circunferencias, triángulos, curvas ou elipses.
Para isto, seguíronse planos como o seguinte:

Aquí podemos ver parte do traballo de campo:


O xefe do departamento de tecnoloxía, José Barcia Díaz, tamén contribuiu ao asunto facendo uso da impresora 3D para construir unha figura.
O primeiro paso consistiu en modelar a peza


Logo puxeron a andar a impresora


E finalmente aquí temos o resultado final


O departamento de matemáticas, moi activo  coma sempre, desenvolveu o tradicional traballo 
Pi-tuits
A elección do 14 de marzo para a celebración do Día das Matemáticas ten unha gran historia detrás. Hai máis de 30 anos, ao físico estadounidense Larry Shaw ocorréuselle enlazar o número π (pi), cuxas primeiras cifras son 3,14; co día 14 de marzo (en inglés estadounidense, a fecha escríbese 3/14). E desde aquela, dito día conmemora tan exacta ciencia.
Desde o Departamento de Matemáticas do IES Mugardos quixeron honrar esta data propoñéndolles aos alumnos que redactasen unha frase cuxas palabras tiveran tantas letras como indican as primeiras cifras do número Pi. É dicir, a primeira palabra tería 3 letras, a segunda 1, a terceira 4... e así consecutivamente ata ir creando unha curta frase, similar a un tuit.
Esta actividade levárona a cabo en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística, co Departamento de Filosofía e co Equipo de Biblioteca, que axudaron na difícil labor de elixir aos gañadores.
Velaquí podemos ver os pituits gañadores. ¡Noraboa!




En 1º ESO traballaron tamén a fotografía matemática
Logo da explicación dos contidos xeométricos relativos a este curso, propúxoselle ao alumnado de 1ºESO que observasen no seu entorno formas xeométricas, que as inmortalizaran en fotografías e as presentasen. Estas foron algunhas delas:

Círculo e liñas paralelas:



Círculo co centro e radios


Universo Triangular




Por outra banda tamén puxeron en marcha, en colaboración co Equipo da Biblioteca do centro, puxo en marcha un concurso de vídeos consistente en explicar algún contido matemático dunha maneira lúdica, diferente, animada, á que chamaron CONTANDO MATES.
Dita proposta tivo unha gran acollida polo alumnado do centro, e escoller os mellores vídeos foi moi complicado. Había que valorar o aspecto técnico, a dificultade da explicación realizada, así como a corrección lingüística, dado que era un requisito necesario que a lingua vehicular fose o galego.
Velaquí podemos ver algunha captura dos vídeos gañadores:

Daniela Corral Barro (1ºESO B) – Sucesión de Fibonacci e a súa presenza na natureza:


Alicia Fernández (1ºESO B) – Os fractais



Noa Montenegro (1ºBAC B) – Explicación sobre a orixe das unidades de medida



Juan e Emma (2ºBAC) – Os fractais



A visita da profesora Emma Villar a Polonia por mor dunha experiencia Erasmus+ aportou ideas metodolóxicas para levar a cabo co seu alumnado de 1ºESO, como por exemplo a construción duns corpos xeométricos cuxas plantillas de referencia foron facilitadas por profesorado de Varsovia. Alén do traballo manual que conleva o recorte, cosido e posta en pé do corpo, aproveitouse para traballar o clima da aula mediante a escritura, de defectos e virtudes nas aristas e caras dos corpos xeométricos, respectivamente. Desta maneira, non só se traballaron contidos matemáticos senón propostas de mellora da convivencia grupal.
A continuación, amosamos unhas fotos do procedemento de construción así como do resultado final.




Logo de explicar como calcular perímetros e áreas de figuras xeométricas sinxelas, o alumnado de 1ºESO saíu ao patio para identificar varias figuras xeométricas na contorna, como circunferencias, cadrados, rombos, trapecios... tomar medidas e por último, calcular tanto o seu perímetro como a súa área. Foi unha xornada lúdica e á vez moi produtiva, xa que foron conscientes de que estamos rodeados de xeometría, aínda que moitas veces non nos decatemos.







E con isto pechamos o "chiringuito" por este ano 
Xa só queda unha cousiña, que é darlle as grazas a todos os que, directa ou indirectamente, mantiveron vivo este fío do club de ciencias e puxeron ese grao de area co que estamos a levantar esta montaña ;-)
Boas vacacións


viernes, 20 de mayo de 2022

CREANDO MATERIA...

Hoxe xogamos un pouco a ser medio magos, medio deuses. Imos crear materia a partir doutra materia...bueno dito así queda moi pomposo pero só estamos a falar de facer unha reacción química...ese mecanismo tan marabilloso mediante o cal unhas cousas deixan de ser o que eran para pasar a ser outras ben distintas...

Desta volta os protagonistas son o ácido acético do vinagre e o bicarbonato sódico, que teñen a magnífica propiedadE de que cando se mesturan pasan a convertirse en acetato sódico e ácido carbónico que rapidamente se transforma en auga...E O QUE LLE INTERESA A ANGEL, un rapaz de 2ºESO: dióxido de carbono. Un gas ao que lle buscou unha curiosa utilidade. Mirade, mirade...



jueves, 12 de mayo de 2022

XOGANDO CON ELEMENTOS E OS SENTIMENTOS

Xa está ben de pensar que os científicos non temos sentimentos e os de letras non saben razoar...canto dano fan os clichés...

Nun intento por botar abaixo esa idea propuxémoslle ao alumnado de 3ºESO que construise unha táboa periódica. Pero esta táboa periódica tiña que ser especial porque, por un lado debía ser fiel á natureza propia da táboa química: debían aparecer os 118 elementos cos seus verdadeiros símbolos químicos. Pero por outra banda esas letras que conformaban os símbolos tiñan que permitirlles expresar ideas con sentido construíndo palabras clave que lle podíamos chamar simbras (un híbrido natural de símbolos e palabras) e logo escribir frases con esas letras clave. O único requisito sería que esas frases lograsen captar momentos, ideas, sentimentos, sensacións, calquera cousa relevante que este curso lle sucedera a cada un dos alumnos...

Resultado: podédelo leer todos nas imaxes que amosamos agora, que recollen por anacos esa estupenda táboa periódica. Hai de todo, pero desde logo saíron a flote cousas moi interesantes e reflexións máis maduras e profundas do que algún podería pensar en rapaces de 15 anos...

Grazas a todos por sorprendernos. 

Xa sabemos que a vida non se pode recoller en 118 instantáneas...pero hai ocasións nas que só con fixarse nos sináis podemos descifrar os camiños...ese camiños tan enrevesados que parece que a vida nos pon por diante.

Atentos aos sináis pois...
















jueves, 7 de abril de 2022

Veredicto do xurado

Despois da gran calidade das propostas, a verdade, resultou bastante dificil elixir gañador/a no I certame de fotografía científica levado a cabo entre o alumnado de 3ºESO. Pero finalmente xa temos gañadores: Foron Alejandro Cartelle coa feitizante imaxe dunha combustión, unha captura espectacular dun proceso irreversible. 


E Sandra Romero polo traballo encomiable de fotografía ao longo de diversas instantáneas entre a que salientamos esta que nos transforma unha inocente planta nunha estrutura de xeo fría e estrañamente perigosa...


De todos modos, na seguinte ligazón atopareches as razóns que nos levaron a escoller estas fotografías e tamén unhas cuantas máis que non merecían ser esquecidas porque dun xeito ou outro conseguiron transmitir algo máis alá do papel.

martes, 22 de marzo de 2022

FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Co gallo da ciencia en 3ºESO, e aproveitando que Marta González do departamento de Debuxo abordou a fotografía como técnica visual importante, o departamento de Física e Química uniuse a ela para organizar un certame de fotografía científica qeu despois de ver os resultados acadados, creemos que ben merece un oco dentro deste clube de ciencias porque sen dúbida logrou transmitir o interese pola ciencia a través da fotografía. Así que, grazas rapaces e rapazas...


E agora, relaxádevos nunha butaca cómoda, un bo vaso de...agua preto de vos e desfrutade do espectáculo pinchando aquí

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=system/files/exposici%C3%B3n%20fotogr%C3%A1fica%203%C2%BAESO-fotograf%C3%ADa%20e%20natureza.pdf


sábado, 22 de enero de 2022

BUSCANDO AS ORIXES

Xa sabedes que hai unha moleculiña (máis ben moleculaza diría eu) que parece que contén a esencia de quen somos (moito habería que debatir sobre isto).
Sen dúbida algunha trátase da molécula máis importante das miles que ten un ser vivo e na procura de respostas, o alumnado de CAAP de 4ºESO, baixo a tutela da súa profesora, a dinámica Cristina Trillo, empezaron por intentar illala para estudiala.
A empresa podía ser algo complicada se o intentaban con humanos polo que se centraron mellor no reino vexetal. 
Os amorodos son unha posibilidade sinxela para este traballo e visualmente moi apetecibles e fotoxénicos, ja ja.
O proceso de extracción foi un éxito como podedes comprobar no seguinte vídeo


Parabéns a todos porque quedou unha actividade moi chula, formativa e significativa.