viernes, 21 de febrero de 2020

ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Outra das vías que nos propoñemos con este club de ciencias é o achegamento do alumnado a actividades, lugares, eventos...que dun modo ou outro leven a ciencia por bandeira. 
Por iso o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o pasado 30 de xaneiro unha visita para os rapaces e rapazas de 1ºESO á Casa das Ciencias da Coruña, un clásico dentro das institucións que divulgan a ciencia dun xeito entretido á par que rigoroso.



Foi unha mañá para pasalo ben e aprender, e para iso visitaron a sala de exposicións e asistiron a unha sesión no planetario. Volveron para Mugardos sabendo un pouquiño máis sobre o ceo nocturno e o Universo...nunca está de máis rozar esa sensación tan curiosa e lonxana que é comprobar que a pesar do moito e bo que cremos ser...apenas somos nada máis que unha mota de pó, á deriva nun pequeno planeta que xira arredor dunha pequena estrela, perdida nun recuncho dunha modesta galaxia situada nalgures dentro dese inconmensurable escenario que é o Universo...pero pasámolo ben, ja ja..

Xogando  con pompas de xabón


¿Flota ou non flota?



Un pitiño...¡qué mono!...bueno non é un mono, quero dicir...bueno da igual...¡qué dificil isto do que falaba Darwin, non! ¿Evolución...?


Dá igual que sexa da man da Bioloxía


 Ou da Física




 Ou da Química


O que importa é que nos decatemos que ao noso arredor ocorren a cada instante cousas sorprendentes e marabillosas. Só tes que observar en vez de mirar...escoitar en vez de oir...déixate levar.
Felicidades Ana Palmero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, porque seguro que con esta actividade axudaches a poñer a primeira pedra neste senso. E parabéns tamén á rapazada de 1ºESO que tivo un comportamento exemplar na visita.

jueves, 20 de febrero de 2020

FINAL FELIZ PARA A EXTRACCIÓN

Esta mañá botámoslle unha ollada ao cristalizador onde xuntamos os extractos de cloruro de metileno e....SORPRESA


Ali estaba a cafeína cristalizada polo fondo e os bordes do recipiente de cristal. Evidentemente algo impura pola presencia dalgunha substancia que colorea un pouco os cristais...


Pero por determinadas zonas obtivemos concentracións de boa calidade


Polo menos puidemos comprobar in situ que a cafeína, unha molécula cunha estrutura moi curiosa...

preséntase perante os nosos ollos en forma de agullas...e reflexiona sobre a cantidade obtida...de 2 latas de Coca Cola...pouco máis de medio litro...sacamos esta cantidade salientable...e determinados estudios situan unha inxesta moderada de cafeína nuns 5 o u 6 mg por kg de peso..ou sexa unha persoa de 70 kg...350 mg...e neste cristalizador había uns 200mg (certo que non todo era cafeína) pero eran só 2 Coca Colas...reflexiona.



martes, 18 de febrero de 2020

2º DÍA A VOLTAS COA QUÍMICA

Hoxe tocou meterse un pouco máis profundamente coas destrezas no laboratorio de química.
O obxectivo estaba en traballar con material de uso habitual. Como excusa propuxémoslle un reto: 
¿Seremos quen de extraer a cafeína dun refresco de cola?
A pregunta deunos pé para comprobar que sabían medir volumes cunha probeta (xa sabedes, coidado co erro da paralaxe e co menisco)


O seguinte paso foi comprobar científicamente iso que todo o mundo sabe...a Coca Cola é ácida...ao mellor máis do que nós pensamos...¿Cómo o cuantificamos? Pois segunda cousa que aprendemos...a medir o pH dun medio.
Para iso viron un par de pH-metros que temos no laboratorio e eles mesmos empregaron o recurso máis habitual no día a día: as tiras de papel indicador Universal... e claro...saiu cor laranxa escura...que a roda de cor que tixamos para a nosa escala marcábanos un pH entre 3 e 4...o cal foi corroborado polos pH-metros...menos de 3...bufff non sei eu se meter no corpo todos os días unha bebida azucarada, carbonatada, e bastante ácida vai ser o mellor para levar unha dieta saudable...


Como este pH pode influír negativamente na extracción...3ºpaso: reacción química. neutralizamos o ácido cunha base como o carbonato de sodio...burbullea un pouco (¿Dióxido de carbono?) e no fondo queda un pouco de carbonato que non conseguimos disolver...toca medir o pH a ver se a cousa cambiou...vaia se cambiou...a cor vira a azul...non só deixou de ser ácido...pasamos a parte básica...pH sobre 10...a ver como sae isto...
¿Preparados para sacar a cafeína da Coca Cola?, pois alá imos...metemos a Coca Cola neutralizada no funil de decantación (coidado coa chave...¿Está pechada?) e chega o momento clave.
Hai que elixir un disolvente orgánico que estea especialmente indicado para levar a cabo o proceso. O CLORURO DE METILENO é un bo candidato porque:
-Non se mestura coa auga.
-É máis denso que a auga, co cal na mestura queda por debaixo e resulta doado quitado do funil ao abrir a chave.
-É bastante volátil co cal evapórase axiña e pódenos amosar rapidamente se extraemos a cafeína ou non.
Pois alehop...mans á obra

Mesturamos ben o contido do funil como se fósemos un "barman" e estivésemos preparando ese saboroso cocktail, e axiña comprobamos que se forman dúas fases: a inferior incolora...e esperemos xa que con algo de cafeína que antes estaba na de enriba...na Coca Cola...pero como a cafeína disólvese mellor no cloruro de metileno que na Coca Cola...pasouse ao outro bando, ja ja.



Mañá veremos se o esforzo valeu a pena...e no cristalizador onde metemos as fases orgánicas de todos os grupos...aparecen eses cristais tan desexados...





lunes, 10 de febrero de 2020

AGORA...CIFRAS E LETRAS

Non se pode dicir que a oferta educativa extra para o alumnado do centro non sexa variada...
Hoxe arrancamos un proxecto ilusionante que, baixo a coordinación do supercoordinador Diego Calvo, moviliza a preto de 50 equipos.
Trátase do famoso concurso CIFRAS e LETRAS, co que tentamos de poñer a proba entre os alumnos e alumnas de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC a súa capacidade e axilidade mental no cálculo matemático e na formación de palabras galegas. 
A dinámica é ben coñecida pola maioría xa que este formato leva anos triunfando nas diferentes cadeas de televisión nacionais e autonómicas.
Trataremos pasar un rato divertido arredor do mundo das letras e dos números, deixando a un lado a calculadora e a "San Google"...non vaia ser que un día se nos vaia a luz ou nos quedemos sen pilas...e só nos quede a cabeza para usar ;-)
O primeiro día trouxo pequenos reaxustes de tempo e  normas para adaptarnos aos tempos lectivos do centro, pero seguro que pouco a pouco optimizamos as condicións para que todo saia segundo o previsto...
Grazas a todos pola colaboración nesta ilusionante iniciativa, sobre todo ao profesorado implicado e a eses preto de 100 alumnos e alumnas que dan vida ao mesmo.
Nas fotografías da estrea nótanse xa os nervios e a concentración, ja ja.