miércoles, 26 de abril de 2023

A CIENCIA...DESDE OUTRO PUNTO DE VISTA

Desta volta non toca experimentar na ciencia ou coa ciencia...agora toca sentarse, respirar e mirar arredor para decatarnos de que todo o que fai de "atrezzo" nesta traxicomedia que nos toca representar cada día...ten que ver coa ciencia.

Para certificalo só basta botarlle unha ollada as instantáneas que o alumnado de 3ºESO inmortalizou no 2º concurso de fotografía científica do IES de Mugardos.

Foron varias as candidatas ao premio final como podedes comprobar no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=system/files/2%C2%AA%20exposici%C3%B3n%20de%20fotograf%C3%ADa%20cient%C3%ADfica%202.pdf

Pero as dúas gañadoras foron estas 2 sorprendentes e curiosas instantáneas






Felicidades a Iker e Carlota de 3ºA por darlle un toque orixinal a unha proposta motivadora.