sábado, 21 de diciembre de 2019

17 de decembro-EXPERIENCIAS FÍSICO-QUÍMICAS

O martes 17 de decembro tivemos a primeira das sesións coas que desde o departamento de FeQ propoñémonos aproximar a ciencia ao alumnado. Provocar a curiosidade do mesmo fronte a determinados fenómenos sempre resulta un reto interesante que pode repercutir de xeito moi positivo para elimiar os típicos prexuizos que hai entre a xente respecto da Física e da Química.
Nesta toma de contacto a idea central era estudar unha das propiedades máis curiosas da auga, que é a súa gran tensión superficial.
Empezamos cunha competición a ver quen conseguía poñer máis pingas de auga enriba dunha moeda.

Tinximos a auga para ver mellor o proceso...e descubrimos que podemos meter máis pingas das que pensamos e todas parecen arremuiñarse adoptando unha forma esférica.


Pero para todo hai un límite ;-)


A resposta do alumnado foi moi boa...comportáronse moi ben e soltáronse a facer e preguntar...



Fixemos que unha masa de aceite se convertira en gota esférica...


E tras unha cantas experiencias máis que nos axudaron a comprender que a razón destes fenómenos non é outra máis que esa forza descompensada que se presenta na superficie libre da auga, chamada tensión superficial...que fai como se a auga tivese una "teliña"...unha pel. 
Unha pel que é quen de soportar o peso de sólidos máis densos como os clips...
Tamén é responsable de que se poñemos unha rede na boca dunha botella e lle damos a volta, a auga non cae...
Uns globos axudáronse a comprender que a presión é a clave para entender por qué unha chincheta fai que explote, pero se poñemos o globo sobre moitas chinchetas, este non explota, porque repartimos a forza pola punta de moitas chinchetas, co cal a presión que facemos en cada unha é mínima.
Aproveitando o concepto de presión algúns intentaron inflar un globo dentro dunha botella...e víronse incapaces, ja ja

E xa para rematar fixemos un pouco de arte...un cadro de cores poñendo colorante sobre o leite colocado nun prato. Unha pinga de deterxente..e alehop




Decembro-MIRAMOS ÁS ESTRELAS

Na parte final do trimestre Olga Recio compartiu co alumnado de 1ºESO unha das súas paixóns: a astronomía.
Puideron comprobar como funciona o reloxo de sol que temos no centro:


E xa na aula, en forma de realidade virtual tamén exploraron o ceo en busca de constelacións e estrelas...



viernes, 20 de diciembre de 2019

Novembro-CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Durante o mes de novembro o departamento de Matemáticas desenvolveu o xa CLÁSICO campionato de polinomios entre o alumnado do IES de Mugardos. Unha actividades na que o alumnado do centro ten a oportunidade de trabajar non só as competencias matemáticas relacionadaas coa álxebra, os polinomios, as ecuacións e as identidades notables, senón que a competencia social e cidadá está moi presente á hora de tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das escollas e decisións tomadas, tanto de forma individual como en equipo. Tanto é así que o alumnado de 2ºBAC só pode participar se forma equipo con alumnado de 1ºESO.
Este ano a participación foi masiva con 144 alumnos e alumnas: 28 de 1ºESO, 20 de 2ºESO, 16 de 3ºESO, 31 de 4ºESO, 23 de 1ºBAC e 26 de 2ºBAC.
A competición desenvolveuse segundo o previsto, sen nengún tipo de incidente.
Houbo premios en diferentes categorías, o cal hai que agradecer tamén ao ANPA "O Castro" pola súa colaboración.

Así resultaron gañadores absolutos: Uxía Fernández (2º BAC B) e Lucía Vila (1ºESO B)

Pero tamén recibiron mención especial os seguintes:
Finalistas: Miguel Delgado (1ºBAC B) e Carla Amenedo (1º BAC B)
Semifinalistas: Jacobo Martínez (4ºESO A) e Bruno Suárez (4ºESO A); Ana Rumbo (1ºBAC B) e Xoana Pérez (1ºBAC A)
Árbuitros destacados: Borja Souto (2ºBAC B) e Inés Fernández (2ºBAC A)
Mellor traballo en equipo: Andrea Díaz (2ºBAC A) e Roi Dragoevich (1ºESO B)
Mellor partida: Miguel Delgado (1ºBAC B) e Carla Amenedo (1ºBAC B)

Pero máis que premios o que gañamos todos foi ver ao alumnado empregando os tempos de lecer loitando (en boa lid) para superar e superarse, recoñecendo o valor das regras e a importancia de acatalas e porqué non, de espabilar un pouco a mente, que nunca ben mal...


O resumo de todo podédelo ver neste vídeo feito polo departamaento de matemáticas. Parabéns pola organización e o resultado.


Outubro-SAÍMOS A RECOLLER SETAS

Aproveitando que estamos en outono e que temos profesorado no centro que recoñece moi ben as especies de setas que podemos recoller nos nosos montes, o grupo de alumnos e alumnas de FP básica, baixo a tutela dos seus profesores Martín Blanco, Mario Soto, Diego Calvo e Ana González, pasaron unha mañá moi produtiva recollendo diversos exemplares.


Entre eles a curiosa "Clathrus Archeri", unha seta con forma de estrela e cun olor para nada agradable.


A mañá deu para facer unha exposición moi "apañada" no centro...que sempre vén ben para recoñecer os exemplares máis salientables.
Desta actividade compre aprender dúas cousas importantes:
1. Que temos arredor de nós, e moito máis preto do que nos parece, unha riqueza ecolóxica impresionante, que ten que ser respectada para o seu deselvolvemento sostible.
2. Que o mundo da micoloxía pode ser apaixoante...pero tamén perigoso, polo que nunca debemos coller unha especie se non estamos totalmente seguros da súa identidade, ou correremos un risco importante polas toxinas que pode conter, que en determinadas doses poden ser letais.




Setembro-CÚPULAS

Por terceiro ano consecutivo o departamento de Matemáticas volveu enganchar á rapazada na construción das cúpulas de Leonardo. Pasaron unhas sesións moi entretidas na ensamblaxe destas pezas autoportantes nas que foron protagonistas dunha actividade de tipo cooperativo. Xeometría, arte, historia e tecnoloxía danse a man neste proxecto que cada ano marca o inicio de curso no centro...





martes, 17 de diciembre de 2019

EMPEZANDO A REMAR...

Hoxe martes 17 de decembro iniciamos a publicación das diferentes sesións que levamos feitas ao longo deste curso 2019-20 no club de ciencias de IES de Mugardos. 
Baixo a coordinación de Diego Calvo, somos uns cantos compañeiros que este ano decidimos compartir co noso alumnado algunhas horas extra na procura de incentivos que lles amosen o mundo baixo o insobornable prisma da ciencia. 
Obxectivos: pois pasar un rato agradable facendo cousas divertidas, curiosas, distintas...facendo ciencia ao fin e ao cabo...a ver se conseguimos eliminar o cliché de que a ciencia é aburrida e dificil de entender...
O departamento de matemáticas en pleno (Covadonga Rodríguez, José Luís Mayobre, Begoña Gómez e María Calvo) ocuparase das cantidades, das formas, das relacións entre números...o de Tecnoloxía (Diego Calvo e José Barcia) axudaranos a entender mellor certos aparellos, artefactos e sistemas...Ana Palmero, representante do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, presentará algunhas ideas relacionadas cos seres vivos e as sustancias nas que se basea iso tan doado é a vez tan dificil de comprender que é a vida...desde o departamento de Física e Química poremos o noso grao de area para amosar fenómenos curiosos que nos van pemitir abordar as reaccións químicas, os movementos, as forzas, a enerxía cun medio sorriso en vez dunha cara de espanto...Martín Blanco ilustraranos co seu vasto coñecemento sobre cultivos e organismos que podemos atopar nos nosos ríos, fragas...e ao mellor sorpréndenos con alguna construción "explosiva". Será Olga Recio, do departamento de Francés, a que nos amosará o ceo nocturno, coa pasión que lle é propia cando fala das estrelas...e Marta González, do departemento de plástica, porá o seu toque artístico a este grupo, presentando outras formas de entender a educación con novas metodoloxías de traballo coas que seguramente veremos que o alumnado é o verdadeiro protagonista neste proceso, ás veces tan complicado, de transmitir conecementos, experiencias, valores...
Ala imos, a ver que sae de todo isto...en xuño faremos balance...máis se conseguimos espertar  inquedanzas e interrogantes na mente duns cantos rapaces e rapazas...xa nos damos por satisfeitos.