jueves, 29 de enero de 2026

SEÑORES E SEÑORAS, CON VOSTEDES...A INTELIXENCIA ARTIFICIAL. E aviso: chegou para quedarse

Pois si. Imparable é a traxectoria desta nova tecnoloxía na que se mestura ciencia, ética, arte...como todo novo que nace trae aparelladas a partes iguais a esperanza e a desconfianza. 

Pero xa sabemos, polos precedentes na historia, que os cambios de paradigma, as revolucións sempre conlevan danos colaterais. Xa veremos dentro de 20 anos (ou 5...que isto vai moi rápido) a onde nos conduciu esta historia da IA. 

Para coñecer un pouco máis do tema, e así poder opinar con fundamento convidamos a Pablo Villacañas, un profesional cunha traxectoria consolidada nun dos sectores con maior proxección actual: o desenvolvemento de software.

Pablo é "Desenvolvedor Full-Stack" con máis de 8 anos de experiencia na industria tecnolóxica. Para quen non estea familiarizado co termo, isto significa que posúe unha visión completa do ciclo de vida dunha aplicación: desde a interface que o usuario toca e ve, ata a lóxica complexa e as bases de datos que fan que todo funcione de forma invisible.

Ao longo da súa carreira, Pablo traballou en proxectos de diversa índole, especializándose non só en escribir código, senón na arquitectura de datos e en crear solucións tecnolóxicas que resolvan problemas reais. O seu perfil é un claro exemplo de como a formación continua e a adaptación son fundamentais nunha contorna que cambia cada día.

Veu compartir connosco a súa experiencia de primeira man: como é o día a día dun programador senior, que retos atopouse nestes anos e, sobre todo, que consellos daríalle a alguén que está hoxe no instituto e sente curiosidade polo mundo da tecnoloxía.

Fixo DAW (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) en Santiago de Compostela, ademais de ser graduado en Psicoloxía. Isto estalle permitindo poder traballar en equipos de investigación sobre ciencias do comportamento coa IA, creando diferentes deseños experimentais na intersección das dúas disciplinas. Se graduó con honras en DAW.

O noso alumnado de bacharelato de tecnoloxías intelixentes e TIC tivo a sorte de escoitalo e aprender un pouco máis. 

Grazas a Pablo evidentemente e a todos os que fixeron posible a súa presenza no IES.





martes, 27 de enero de 2026

FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Xa nos tardaba o momento do curso nos que o alumnado de 3ºESO se encarga de plasmar en forma de fotografía unha gran variedade de fenómenos científicos.

"Luscos e fuscos" chega á súa terceira edición.

Uns máis e outros menos, pero entre todos sempre conseguimos unha colección para pasar un bo rato observando.

Desta volta chegamos a 55 instantáneas. 


Unhas son esteticamente irreprochables, outras curiosas, outras sorprendentes...pero polo menos todas conseguiron algo importante: facernos pensar e reflexionar. 

Porque cada un ve o que ve; aí reside a maxia da fotografía, como toda arte que se prece.


Parabéns a todos polo interese amosado na actividade.





 

martes, 20 de enero de 2026

¿ FUXINDO DA CHUVIA?

A resposta é si: estamos fartos da chuvia e das nubes e de esperar un día despexado para medir sombras no patio do colexio e poder empezar a traballar no proxecto que nos axudará a medir o radio da Terra...
Hoxe collemos e metémosnos no laboratorio a fedellar un pouco coa química e a física para tocar outros "paos" (este chiste non o entenderedes ata que fagamos o de Eratóstenes...)
Hoxe propúxenlles traballar cuns anacos de porexpan de forma de prisma, deses que podedes atopar en moitas caixas para protexer o contido que teñen dentro.
O primeiro sería medir a densidade do porexpan e como son moi aplicados non houbo problema. Cunha balanza analítica que chega ata a milésima de gramo anotaron as masas dos 4 anacos que empregamos. A cousa andaba entre os 5 e os 6 gramos.
En canto ao volume aproveitaron a forma perfectamente prismática que tiñan (ja ja, este seguro que podería ser o segundo chiste da xornada...) para sacar do caixón das matemáticas a fórmula de lado ao cubo e así chegamos a volumes arredor dos 300 mL. 
Cos estes datos, a densidade (masa/volume) era directa. Neste caso non nos importaba a precisión da medida, senón o valor, que andaba polos 0,015 g/mL...ou sexa BAIXÍSIMA.
Quería que tiveran isto presente para resolver o reto que lles propuxen a continuación: ¿Serías quen de meter polo menos 1 dos catro anacos de porexpan nun vasiño de precipitados pequeno (50ml)?
O caso é que Ray, moi botado "padiante", dixo si. Vino tan decidido que había que deixarlle probar.
E aquí o vemos en plena "faena" esnaquizando o porexpan con sumo coidado en anacos pequenos para ver se cabía todo dentro.

Paciencia non lle faltou pero cando chegou ata aquí:
 

desistiu porque xa vía que a cousa rebosaba e aínda lle quedaba moito porexpan por meter.
E iso que recibiu axuda por parte dos compañeiros


Parece que a terapia de choque non ía funcionar desta volta. 
Pero axiña xurdiu outra vía. Alguén propuxo disolvelo en auga. Pero o intercambio de opinións deixou claro que a cousa estaba complicada porque o porexpan non se disolve en auga (de feito é un magnífico illante contra a humidade) e logo a densidade obtida ao empezar deixaba claro que non ía ser fácil metelo en auga porque ten unha densidade máis de 60 veces inferior á da auga, con cal non se afunde na auga nin en broma.
Chegou o momento de sacar a escena o elemento sorpresa da sesión: a acetona. Un disolvente moi diferente á auga...¿Probamos? Imos aló...


¿Sorprendida Miriam? Home algo si. Isto de ir metendo o bloque no vaso con acetona e ver que ía desaparecendo pouco a pouco diante dos teus ollos...
O máis sorprendente para eles eu creo que foi comprobar que un pequeno vasiño con acetona tragou literalmente 4 anacos de porexpan de 50 cm de longo...ou sexa 2 metros de longo de porexpan...e todo nuns segundos.
Judith tamén quixo probar:


Ata que nos quedamos sen porexpan


¿Que pasou logo? pois que lles dixen que significaba porexpan: POLIESTIRENO EXPANDIDO...
ou sexa un polímero orgánico que ocupaba moitísimo volume porque o expandiron...INXECTÁNDOLLE AIRE.
O que fai a acetona é eliminar ese aire entre as moléculas de poliestireno e disolver logo esta substancia.
O aspecto que adoptou o polímero despois de sacalo do vaso e secalo non se pareceu en nada ao que amosaba ao empezar esta historia. 
Outro "guiño" máis da natureza: ¿Somos o que somos ou o que parecemos? Pensa nisto mentres seca o poliestireno e mañá che digo...

Pois o prometido é débeda...aquí tedes o aspecto do porexpan ao día seguinte:





Confirmado: Nada é o que semella, so depende das circunstancias nas que se atope ;-).