martes, 17 de diciembre de 2019

EMPEZANDO A REMAR...

Hoxe martes 17 de decembro iniciamos a publicación das diferentes sesións que levamos feitas ao longo deste curso 2019-20 no club de ciencias de IES de Mugardos. 
Baixo a coordinación de Diego Calvo, somos uns cantos compañeiros que este ano decidimos compartir co noso alumnado algunhas horas extra na procura de incentivos que lles amosen o mundo baixo o insobornable prisma da ciencia. 
Obxectivos: pois pasar un rato agradable facendo cousas divertidas, curiosas, distintas...facendo ciencia ao fin e ao cabo...a ver se conseguimos eliminar o cliché de que a ciencia é aburrida e dificil de entender...
O departamento de matemáticas en pleno (Covadonga Rodríguez, José Luís Mayobre, Begoña Gómez e María Calvo) ocuparase das cantidades, das formas, das relacións entre números...o de Tecnoloxía (Diego Calvo e José Barcia) axudaranos a entender mellor certos aparellos, artefactos e sistemas...Ana Palmero, representante do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, presentará algunhas ideas relacionadas cos seres vivos e as sustancias nas que se basea iso tan doado é a vez tan dificil de comprender que é a vida...desde o departamento de Física e Química poremos o noso grao de area para amosar fenómenos curiosos que nos van pemitir abordar as reaccións químicas, os movementos, as forzas, a enerxía cun medio sorriso en vez dunha cara de espanto...Martín Blanco ilustraranos co seu vasto coñecemento sobre cultivos e organismos que podemos atopar nos nosos ríos, fragas...e ao mellor sorpréndenos con alguna construción "explosiva". Será Olga Recio, do departamento de Francés, a que nos amosará o ceo nocturno, coa pasión que lle é propia cando fala das estrelas...e Marta González, do departemento de plástica, porá o seu toque artístico a este grupo, presentando outras formas de entender a educación con novas metodoloxías de traballo coas que seguramente veremos que o alumnado é o verdadeiro protagonista neste proceso, ás veces tan complicado, de transmitir conecementos, experiencias, valores...
Ala imos, a ver que sae de todo isto...en xuño faremos balance...máis se conseguimos espertar  inquedanzas e interrogantes na mente duns cantos rapaces e rapazas...xa nos damos por satisfeitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario