jueves, 24 de diciembre de 2020

XOGANDO A SER ENXEÑEIROS AEROSPACIAIS

Construir un foguete non é doado. Hai que ter en conta tantas variables que canto máis investigas máis mérito cobran esan persoas que as deseñan e son capaces de levarnos ao espazo exterior.

Unha pequena toma de contacto pode ser esta experiencia que levamos a cabo onte 22 de decembro cun grupo reducido de alumnos e alumnas...só precisamos unha botella de plástico de refresco desas de litro e medio ou dous, un soporte a xeito de plataforma de lanzamento, unha bomba de aire de inflar as rodas das bicicletas, un tapón de corcho e un pouco de auga a deterxente.

Coa excusa de comprobar a terceira lei de Newton de acción e reacción, todos entenderon ben que se a auga sae despedida cara un lado a gran velocidade, a botella sae disparada cara o outro...xenial, xa temos a idea...habería que saber agora como demo facemos sair a auga a gran velocidade da botella. Pois para iso recurrimos a un principio básico: se metemos aire na botella, cada vez máis a máis, non haberá sitio para todos...así que alguén terá que saír...¿quen? efectivamente a auga. A CLAVE está en elixir un bo tapón que encaixe ben e permita meter moito, moito aire, é dicir elevar moito, moito a presión no interior da botella antes de saír disparado arrastrando tras de si a auga do interior.

¿Xa o temos claro? Pois imos probar...e iso foi o máis interesante. Fixemos varias probas con botellas de distintos tamaños, auga e auga con deterxente como "combustible", con pouca auga e con moita auga...e sacamos conclusións moi interesantes...pero o mellor foi a potencia de lanzamento. Chegou a subir máis de 30 metros...de feito algunha botella saiu do recinto escolar. Por iso sempre temos que ter en conta que a experiencia é moi divertida pero pode ser perigosa se a botella sae disparada na dirección incorrecta.

Mirade o resultado

















 

Pero creo que como mellor se vai apreciar é cuns videos...







No hay comentarios:

Publicar un comentario