Aquí temos visitándonos ano si, ano non esta estraña táboa periódica creada polo alumnado de 3ºESO. Non aspira a desbancar á de Mendeleiev pero dá que pensar...
De lonxe semella ser como calquera outra...
Este ano ata tiña ocos e ausencias....como a de Mendeleiev (máis que plaxio, homenaxe)
pero se te achegas e lees...descubrirás desexos perdidos, opinións diferentes, sonos sen cumprir...anacos de realidade arrancados deses Universos tan peculiares nos que viven os adolescentes.
Grazas a todos eles por deixarnos entrar no seu mundo.




