jueves, 12 de mayo de 2022

XOGANDO CON ELEMENTOS E OS SENTIMENTOS

Xa está ben de pensar que os científicos non temos sentimentos e os de letras non saben razoar...canto dano fan os clichés...

Nun intento por botar abaixo esa idea propuxémoslle ao alumnado de 3ºESO que construise unha táboa periódica. Pero esta táboa periódica tiña que ser especial porque, por un lado debía ser fiel á natureza propia da táboa química: debían aparecer os 118 elementos cos seus verdadeiros símbolos químicos. Pero por outra banda esas letras que conformaban os símbolos tiñan que permitirlles expresar ideas con sentido construíndo palabras clave que lle podíamos chamar simbras (un híbrido natural de símbolos e palabras) e logo escribir frases con esas letras clave. O único requisito sería que esas frases lograsen captar momentos, ideas, sentimentos, sensacións, calquera cousa relevante que este curso lle sucedera a cada un dos alumnos...

Resultado: podédelo leer todos nas imaxes que amosamos agora, que recollen por anacos esa estupenda táboa periódica. Hai de todo, pero desde logo saíron a flote cousas moi interesantes e reflexións máis maduras e profundas do que algún podería pensar en rapaces de 15 anos...

Grazas a todos por sorprendernos. 

Xa sabemos que a vida non se pode recoller en 118 instantáneas...pero hai ocasións nas que só con fixarse nos sináis podemos descifrar os camiños...ese camiños tan enrevesados que parece que a vida nos pon por diante.

Atentos aos sináis pois...
















No hay comentarios:

Publicar un comentario