O luns 19 de Febreiro, o alumnado de 3ºESO e do club de ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.
Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorreron as instalacións do CITEEC (Centro de Invnovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da UDC, onde puideron comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e vilas galegas. Tamén lles amosaron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Tamén aproveitaron a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogaron con estruturas de diferentes tipoloxías.
Doutra banda, o profesor do departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosoulles a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puideron percorrer a súa mostra de fornos e cociñas solares, emprazándoos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario