Ás veces, as cousas non son o que parecen...Mediante o procedemento da anamorfose, o departamento de matemáticas propúxose amosalo dun xeito práctico e divertido.
Anamorfose podemos traducilo do grego como "darlle forma de novo a algo desde abaixo arriba". É dicir trataríase de construír unha realidade desde outro punto de vista.
Neste caso o alumnado vai traballar a anamorfose cilíndrica: mediante o reflexo nunha superficie cilíndrica poderemos visualizar dun xeito máis familiar obxectos que en principio carecen de sentido se non os observamos a través da anamorfose.
Este martes pasado puxéronse mans á obra na aula de tecnoloxía.
Aquí os temos estudiando as proporcións matemáticas que implica o proceso baixo a atenta mirada de Covadonga.
Estas plantillas...moito xeito non teñen...¿Que diantre representan?...
Quizáis se as miramos reflectidas neste cilindros....ao mellor a cousa cambia...
Alehop...efectivamente...
As veces só se trata de observar as cousas desde outro punto de vista...Pero ¿De que estamos a falar? ¿De matemáticas? ¿Ou da vida en xeral?...
¿Tí que cres? ;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario