lunes, 10 de febrero de 2020

AGORA...CIFRAS E LETRAS

Non se pode dicir que a oferta educativa extra para o alumnado do centro non sexa variada...
Hoxe arrancamos un proxecto ilusionante que, baixo a coordinación do supercoordinador Diego Calvo, moviliza a preto de 50 equipos.
Trátase do famoso concurso CIFRAS e LETRAS, co que tentamos de poñer a proba entre os alumnos e alumnas de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC a súa capacidade e axilidade mental no cálculo matemático e na formación de palabras galegas. 
A dinámica é ben coñecida pola maioría xa que este formato leva anos triunfando nas diferentes cadeas de televisión nacionais e autonómicas.
Trataremos pasar un rato divertido arredor do mundo das letras e dos números, deixando a un lado a calculadora e a "San Google"...non vaia ser que un día se nos vaia a luz ou nos quedemos sen pilas...e só nos quede a cabeza para usar ;-)
O primeiro día trouxo pequenos reaxustes de tempo e  normas para adaptarnos aos tempos lectivos do centro, pero seguro que pouco a pouco optimizamos as condicións para que todo saia segundo o previsto...
Grazas a todos pola colaboración nesta ilusionante iniciativa, sobre todo ao profesorado implicado e a eses preto de 100 alumnos e alumnas que dan vida ao mesmo.
Nas fotografías da estrea nótanse xa os nervios e a concentración, ja ja.





No hay comentarios:

Publicar un comentario