Outra das vías que nos propoñemos con este club de ciencias é o achegamento do alumnado a actividades, lugares, eventos...que dun modo ou outro leven a ciencia por bandeira.
Por iso o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o pasado 30 de xaneiro unha visita para os rapaces e rapazas de 1ºESO á Casa das Ciencias da Coruña, un clásico dentro das institucións que divulgan a ciencia dun xeito entretido á par que rigoroso.
Foi unha mañá para pasalo ben e aprender, e para iso visitaron a sala de exposicións e asistiron a unha sesión no planetario. Volveron para Mugardos sabendo un pouquiño máis sobre o ceo nocturno e o Universo...nunca está de máis rozar esa sensación tan curiosa e lonxana que é comprobar que a pesar do moito e bo que cremos ser...apenas somos nada máis que unha mota de pó, á deriva nun pequeno planeta que xira arredor dunha pequena estrela, perdida nun recuncho dunha modesta galaxia situada nalgures dentro dese inconmensurable escenario que é o Universo...pero pasámolo ben, ja ja..
Xogando con pompas de xabón
¿Flota ou non flota?
Un pitiño...¡qué mono!...bueno non é un mono, quero dicir...bueno da igual...¡qué dificil isto do que falaba Darwin, non! ¿Evolución...?
Dá igual que sexa da man da Bioloxía
Ou da Física
O que importa é que nos decatemos que ao noso arredor ocorren a cada instante cousas sorprendentes e marabillosas. Só tes que observar en vez de mirar...escoitar en vez de oir...déixate levar.
Felicidades Ana Palmero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, porque seguro que con esta actividade axudaches a poñer a primeira pedra neste senso. E parabéns tamén á rapazada de 1ºESO que tivo un comportamento exemplar na visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario