martes, 18 de febrero de 2020

2º DÍA A VOLTAS COA QUÍMICA

Hoxe tocou meterse un pouco máis profundamente coas destrezas no laboratorio de química.
O obxectivo estaba en traballar con material de uso habitual. Como excusa propuxémoslle un reto: 
¿Seremos quen de extraer a cafeína dun refresco de cola?
A pregunta deunos pé para comprobar que sabían medir volumes cunha probeta (xa sabedes, coidado co erro da paralaxe e co menisco)


O seguinte paso foi comprobar científicamente iso que todo o mundo sabe...a Coca Cola é ácida...ao mellor máis do que nós pensamos...¿Cómo o cuantificamos? Pois segunda cousa que aprendemos...a medir o pH dun medio.
Para iso viron un par de pH-metros que temos no laboratorio e eles mesmos empregaron o recurso máis habitual no día a día: as tiras de papel indicador Universal... e claro...saiu cor laranxa escura...que a roda de cor que tixamos para a nosa escala marcábanos un pH entre 3 e 4...o cal foi corroborado polos pH-metros...menos de 3...bufff non sei eu se meter no corpo todos os días unha bebida azucarada, carbonatada, e bastante ácida vai ser o mellor para levar unha dieta saudable...


Como este pH pode influír negativamente na extracción...3ºpaso: reacción química. neutralizamos o ácido cunha base como o carbonato de sodio...burbullea un pouco (¿Dióxido de carbono?) e no fondo queda un pouco de carbonato que non conseguimos disolver...toca medir o pH a ver se a cousa cambiou...vaia se cambiou...a cor vira a azul...non só deixou de ser ácido...pasamos a parte básica...pH sobre 10...a ver como sae isto...
¿Preparados para sacar a cafeína da Coca Cola?, pois alá imos...metemos a Coca Cola neutralizada no funil de decantación (coidado coa chave...¿Está pechada?) e chega o momento clave.
Hai que elixir un disolvente orgánico que estea especialmente indicado para levar a cabo o proceso. O CLORURO DE METILENO é un bo candidato porque:
-Non se mestura coa auga.
-É máis denso que a auga, co cal na mestura queda por debaixo e resulta doado quitado do funil ao abrir a chave.
-É bastante volátil co cal evapórase axiña e pódenos amosar rapidamente se extraemos a cafeína ou non.
Pois alehop...mans á obra

Mesturamos ben o contido do funil como se fósemos un "barman" e estivésemos preparando ese saboroso cocktail, e axiña comprobamos que se forman dúas fases: a inferior incolora...e esperemos xa que con algo de cafeína que antes estaba na de enriba...na Coca Cola...pero como a cafeína disólvese mellor no cloruro de metileno que na Coca Cola...pasouse ao outro bando, ja ja.



Mañá veremos se o esforzo valeu a pena...e no cristalizador onde metemos as fases orgánicas de todos os grupos...aparecen eses cristais tan desexados...





No hay comentarios:

Publicar un comentario