Despois dunha boa andaina, froito do gran número de participantes, rematamos esta primeira semana de marzo a nosa primeira edición do concurso "CIFRAS E LETRAS".
O martes 3 de marzo tivo lugar a primeira semifinal entre os equipos de Némesis, Equipo A y Losdro, de 3ºESO, 4ºESO-B e FPB, respectivamente.
Para darlle maior difusión ao evento, organizámolo no corredor situado no exterior da cafetaria, o cal foi unha arma de dobre filo...porque se ben moito máis público asistiu ao trunfo do EQUIPO A, hai que recoñecer que non se deron as condicións óptimas de silencio que se precisan para as probas.
Aquí podedes ver a cantidade de xente presente
E o concentrados que estaban os participantes
A emoción estivo servida porque foron precisas 2 roldas de desempate para dilucidar o gañador, que finalmente foi o dúo formado por Paola Alonso e Mario García, o EQUIPO A.
Ao día seguinte celebrouse a 2ª semifinal entre os equipos de As Trapalladas, Ataque Escampe e Fonemas, dos cursos 1ºBAC-A, 1ºBAC-B e 4ºESO, respectivamente.
De novo volveu a concentrarse bastante xente para asistir ao evento, e definitivamente decidimos que para primar a concentración dos contrincantes a final tería lugar na biblioteca;-)
A cousa tamén estivo moi parella pero finalmente impúxose o equipo de AS TRAPALLADAS, integrado por Marta Ibón e Yuxin Zheng.
E hoxe xoves chegou o gran día...o EQUIPO A fronte ás TRAPALLADAS....
O marco axudaba desta volta ao desenvolvemento da proba:
E as partidas sucedéronse con emoción crecente...
Ata que finalmente foi o equipo DAS TRAPALLADAS o que se impuxo
Noraboa, no só ás gañadoras, senón tamén a todos os participantes, tanto alumnado coma profesorado colaborador, porque ao final resultou ser unha experiencia moi positiva que esperemos que se consolide no centro en posteriores anos.
O próximo martes 17 de marzo faremos a entrega de premios correspondente no segundo recreo da mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario