A idea
era sintetizar o biodiesel onte martes 16 de maio...pero as circunstancias non
foron moi favorables e decidimos non precipitarnos.
Aproveitamos
o tempo para deixar máis claro o que iamos facer ese día y elixir diferentes
condicións de reacción para ver se podemos extraer conclusións interesantes
modificando diferentes parámetros.
Espero
que o grupo agora saiba que:
1-A
reacción clave é unha transesterificación. Imos cambiar o alcohol
do ester no noso aceite. Orixinalmente ese alcohol era a glicerina e nós agora
intentaremos substituíla por metanol. Os alcois condensan cos ácidos e forman
ésteres. O noso éster con metanol será o PRODUTO ESTRELA: o biodiesel.
2. Esa
reacción non é tan doada como parece. Vese moi influída pola presencia de auga.
Intentaremos que nos haxa a máis mínima.
3. A
reacción é realmente un equilibrio químico que intentaremos desprazar ata o
produto que nos interesa empregando un exceso de metanol.
4. O
hidróxido sódico engadido realmente vai actuar como un INICIADOR xa que nos
axudará a formar co metanol unha base chamada METÓXIDO SÓDICO que será o encargado
de atacar ao carbono do éster do aceite e liberalo da glicerina. Unha vez que
empece co primeiro despois xa prosegue a reacción en cadea co resto do metanol.
5.
Algo supercurioso desta reacción é que ten lugar entre substancias que non se
mesturan ben, por iso so transcorre na parte onde contactan (a chamada
interfase). Por iso é moi importante axitar ben o medio de reacción.
6.
Algo tamén moi curioso é que os produtos da reacción non se mesturan entre si.
A glicerina vai caendo por ser máis densa na parte inferior. Ao eliminarse do
medio de reacción por si soa o equilibrio tamén se despraza á dereita e forma
máis biodiesel, o cal sempre se agradece.
Visto
todo isto, o único que nos quedaba era deixar preparado todo o material e ir
introducindo xa a cantidade de aceite que íamos empregar nas diferentes probas.
Visto que non temos moita cantidade démoslle unha volta ao asunto.
En vez
que coller un determinado volume (como sería lóxico ao ser o aceite un líquido)
decidimos PESAR unha determinada cantidade DIRECTAMENTE no matraz Erlenmeyer
que imos empregar para a reacción.
Desta
maneira non perderíamos aceite pola paredes da probeta sino que iría directo ao
matraz.
A
densidade que xa medíramos no seu día permitiríanos converter esa masa en
volume.
Roi tiña un aceite de densidade 0,90 g/mL; Sandra 0,88 g/mL; Helena 0,94 g/mL; Cloe 0,91 g/mL; Pedro 0,90 g/mL e Oscar 0,91 g/mL.
Pois iso fixeron os rapaces e rapazas. Aquí vemos a Oscar co seu aceite
So nos
quedaba asignar as diferentes probas. Ao final decidimos a seguinte estratexia:
1. Roi
fará a súa proba cun exceso 1:5 de MeOH, a temperatura ambiente e axitando
magneticamente.
2. Oscar
repetirá esas condicións pero elevará a temperatura a 50ºC.
3.
Pedro
reproducirá as condicións de Roi excepto a axitación. Na súa proba non se
axitará nada.
4.
Helena
reproducirá as de Oscar PERO sen axitar NADA.
5. Sandra
fará a súa proba cun exceso de metanol 1:5 e a temperatura ambiente PERO
AXITANDO DE VEZ EN CANDO DE XEITO MANUAL.
6. E por
último Cloe reproducirá as mesmas condicións de Sandra pero traballando con moito
máis exceso de metanol (1:10).
O que si imos aproveitar é a preparar o
metóxido sódico en só 4 Erlemeyers pequenos porque Roi e Cloe case teñen a
mesma acidez nos seus aceites e o mesmo lle pasa a Helena e Sandra. Así
optimizamos recursos ;-).
Pero
iso será outra historia, espero que a semana que ven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario