domingo, 24 de mayo de 2026

RETOMANDO AS MEDIDAS DE ERATÓSTENES

Decididamente ESTE ANO NON É O ANO. A meteoroloxía non estivo da nosa parte e resultou moi complicado tomar medidas das lonxitudes das sombras dun pao porque case que non tivemos días de sol en todo o ano.
Agora que volveu a saír o sol decidimos probar de novo aquí en Galicia. Pero os nosos compañeiros de aventura, espallados por toda Europa, non puideron secundar a medida por mor da meteoroloxía, das vacacións propias do lugar, da época de exames...estamos entrando no final de curso e non é que teñamos moito tempo dispoñible.
Non obstante, en Cerdeña sí que puideron tomar medidas para comparar coas nosas. Porén os resultados foron peores que en marzo. O erro na medición do radio da Terra superóu o 15%, algo inadmisible.
Pero como de todo se aprende tamén aquí puidemos sacar unha boa conclusión. Na ápoca do ano en que estamos o mediodía solar ten lugar a unha hora moi avanzada respecto ao mes de febreiro ou marzo. Agora prodúcese sobre as 14:30h...xa fora do horario escolar, co cal non puidemos tomar medidas nesa parte do avance do sol: cando supera o cenit no ceo e volve a baixar...
Teremos que esperar a un martes libre para tomar datos entre as 12 e as 16 horas para obter unha boa parábola de datos e así poder comparar datos con solidez.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario