O pasado martes 19 de maio, a Consellería reuniu en Santiago a moitos centros escolares que estamos intentando dinamizar todo o que rodea a ensinanza das ciencias en primaria e secundaria...
Foi unha xornada intensa, con moitas e interesantes conferencias sobre diferentes temas:
Ademáis, para amenizar a xornada entre tanta experiencia contamos co privilexio de ter a Borja Tosar, excelente divulgador científico, quen se encargou de poñernos a mel nos beizos co gallo do próximo eclipse total de sol, unha experiencia única e imperdible para todos, que terá lugar o próximo 12 de agosto, e onde a metade de Galicia será un lugar perfecto para visualizalo.
E para poñerlle o broche de ouro ás xornadas contamos con outro crack: David Ballesteros, sempre ameno, sempre divertido, sempre rigoroso...
Sen dúbida mereceu a pena asistir sobre todo para comprobar o moito que se fai de ciencia por aí adiante...
Parabéns a todos por poñer o seu gran de area nesta montaña.






No hay comentarios:
Publicar un comentario