miércoles, 10 de junio de 2026

Premio final

Como agasallo final aos nosos colaboradores no club de ciencias pareceunos estupendo ofrecerlles un espectáculo que xira arredor fundamentalmente da tecnoloxía pero cun punto bizarro de teatro e moito de maxia.

Trouxemos ao instituto ao MAGO RICHARD e grazas a isto puideron desfrutar del gran parte do alumnado do centro que encheu o salón de actos para a ocasión.


O mago Richard obsequiounos cunha posta en escena moi entretida, sobre un escenario polo que foron (fomos) pasando moitos voluntarios.








Nin sequera nos libramos os profes...e senón que llo pregunten e Rosa.


Que en prol do ben do espectáculo prestou a súa man para ser guillotinada...
Si, si, xa sabemos que todo é mentira e que non me vai cortala man...pero "bromitas las justas", e nestas cousas non sei porqué o corazón se acelera involuntariamente.
O caso é que Rosa respirou tranquila cando viu que o que caía ao chan rebanado limpamente era un anaco de cenoria e non de carne humana ;-)


Algo de mentalismo, mesturado con retención visual, un punto de ironía, e un excelente sentido do xogo e do despiste fixo que truco tras truco o mago Richard nos tolease un pouco coa maneira de adiviñalo todo e deixarnos un pouco con cara de pánfilos tratando de entendelo.
Da igual. É maxia...ou ciencia...¿Ou é o mesmo?
A min dame que ambas cousas tampouco van por camiños tan distintos.
Grazas Mago Richard por facernos pasar un rato tan agradable poñendo o broche perfecto a este curso científico 2025-26 no IES de Mugardos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario