sábado, 27 de marzo de 2021

RETOMAMOS AS ACTIVIDADES DO CLUB DE CIENCIAS

Rematamos a segunda avaliación neste ano COVID e como despedida saímos ao patio e lanzamos de novo uns foguetes de auga con outros alumnos e alumnas que non puideron ver as sesións que fixemos en decembro.
Nas fotos e video que vos xuntamos podedes ver que foron quen de lanzar os proxectís cara o ceo de Mugardos










jueves, 24 de diciembre de 2020

XOGANDO A SER ENXEÑEIROS AEROSPACIAIS

Construir un foguete non é doado. Hai que ter en conta tantas variables que canto máis investigas máis mérito cobran esan persoas que as deseñan e son capaces de levarnos ao espazo exterior.

Unha pequena toma de contacto pode ser esta experiencia que levamos a cabo onte 22 de decembro cun grupo reducido de alumnos e alumnas...só precisamos unha botella de plástico de refresco desas de litro e medio ou dous, un soporte a xeito de plataforma de lanzamento, unha bomba de aire de inflar as rodas das bicicletas, un tapón de corcho e un pouco de auga a deterxente.

Coa excusa de comprobar a terceira lei de Newton de acción e reacción, todos entenderon ben que se a auga sae despedida cara un lado a gran velocidade, a botella sae disparada cara o outro...xenial, xa temos a idea...habería que saber agora como demo facemos sair a auga a gran velocidade da botella. Pois para iso recurrimos a un principio básico: se metemos aire na botella, cada vez máis a máis, non haberá sitio para todos...así que alguén terá que saír...¿quen? efectivamente a auga. A CLAVE está en elixir un bo tapón que encaixe ben e permita meter moito, moito aire, é dicir elevar moito, moito a presión no interior da botella antes de saír disparado arrastrando tras de si a auga do interior.

¿Xa o temos claro? Pois imos probar...e iso foi o máis interesante. Fixemos varias probas con botellas de distintos tamaños, auga e auga con deterxente como "combustible", con pouca auga e con moita auga...e sacamos conclusións moi interesantes...pero o mellor foi a potencia de lanzamento. Chegou a subir máis de 30 metros...de feito algunha botella saiu do recinto escolar. Por iso sempre temos que ter en conta que a experiencia é moi divertida pero pode ser perigosa se a botella sae disparada na dirección incorrecta.

Mirade o resultado

















 

Pero creo que como mellor se vai apreciar é cuns videos...







miércoles, 23 de diciembre de 2020

DESPEDIDA DO TRIMESTRE

Hoxe 22 de decembro, quixemos dar por rematado o trimestre poñéndolle unha nota divertida á actividade docente. Eliximos dúas actividades que suscitaron a curiosidade do alumnado e deixeron un bó sabor de boca antes das vacacións.

O departamento de matemáticas organizou sesións de papiroflexia das que saíron produtos moi logrados.






RETOMAMOS A ACTIVIDADE

O curso pasado rematamos o concurso cifras a letras case cando un "bichiño" insignificante irrompeu nas nosas vidas para darlle a volta do revés.

Este ano quixemos empezar este fío de actividades que pretenden provocar a curiosidade e o interese do alumnado en diferentes áreas de coñecemento, no punto onde o deixamos o pasado. 

Así durante o primero trimestre levamos a cabo xa algún ensaio do concurso de cifras e letras pero como podedes ver o panorama é totalmente distinto. A presenza da máscara e a distancia de seguridade xa nos é algo familiar...pero estamos seguros que nin por esas deixaremos de intentar facer algunha cousiña...








jueves, 5 de marzo de 2020

FASE FINAL DO CONCURSO "CIFRAS E LETRAS"

Despois dunha boa andaina, froito do gran número de participantes, rematamos esta primeira semana de marzo a nosa primeira edición do concurso "CIFRAS E LETRAS".
O martes 3 de marzo tivo lugar a primeira semifinal entre os equipos de Némesis, Equipo A y Losdro, de 3ºESO, 4ºESO-B e FPB, respectivamente.
Para darlle maior difusión ao evento, organizámolo no corredor situado no exterior da cafetaria, o cal foi unha arma de dobre filo...porque se ben moito máis público asistiu ao trunfo do EQUIPO A, hai que recoñecer que non se deron as condicións óptimas de silencio que se precisan para as probas.
Aquí podedes ver a cantidade de xente presente


E o concentrados que estaban os participantes



A emoción estivo servida porque foron precisas 2 roldas de desempate para dilucidar o gañador, que finalmente foi o dúo formado por Paola Alonso e Mario García, o EQUIPO A.


Ao día seguinte celebrouse a 2ª semifinal entre os equipos de As Trapalladas, Ataque Escampe e Fonemas, dos cursos 1ºBAC-A, 1ºBAC-B e 4ºESO, respectivamente.
De novo volveu a concentrarse bastante xente para asistir ao evento, e definitivamente decidimos que para primar a concentración dos contrincantes a final tería lugar na biblioteca;-)


A cousa tamén estivo moi parella pero finalmente impúxose o equipo de AS TRAPALLADAS, integrado por Marta Ibón e Yuxin Zheng.



E hoxe xoves chegou o gran día...o EQUIPO A fronte ás TRAPALLADAS....
O marco axudaba desta volta ao desenvolvemento da proba:


E as partidas sucedéronse con emoción crecente...


Ata que finalmente foi o equipo DAS TRAPALLADAS o que se impuxo


Noraboa, no só ás gañadoras, senón tamén a todos os participantes, tanto alumnado coma profesorado colaborador, porque ao final resultou ser unha experiencia moi positiva que esperemos que se consolide no centro en posteriores anos. 
O próximo martes 17 de marzo faremos a entrega de premios correspondente no segundo recreo da mañá.

viernes, 21 de febrero de 2020

ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Outra das vías que nos propoñemos con este club de ciencias é o achegamento do alumnado a actividades, lugares, eventos...que dun modo ou outro leven a ciencia por bandeira. 
Por iso o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o pasado 30 de xaneiro unha visita para os rapaces e rapazas de 1ºESO á Casa das Ciencias da Coruña, un clásico dentro das institucións que divulgan a ciencia dun xeito entretido á par que rigoroso.



Foi unha mañá para pasalo ben e aprender, e para iso visitaron a sala de exposicións e asistiron a unha sesión no planetario. Volveron para Mugardos sabendo un pouquiño máis sobre o ceo nocturno e o Universo...nunca está de máis rozar esa sensación tan curiosa e lonxana que é comprobar que a pesar do moito e bo que cremos ser...apenas somos nada máis que unha mota de pó, á deriva nun pequeno planeta que xira arredor dunha pequena estrela, perdida nun recuncho dunha modesta galaxia situada nalgures dentro dese inconmensurable escenario que é o Universo...pero pasámolo ben, ja ja..

Xogando  con pompas de xabón


¿Flota ou non flota?



Un pitiño...¡qué mono!...bueno non é un mono, quero dicir...bueno da igual...¡qué dificil isto do que falaba Darwin, non! ¿Evolución...?


Dá igual que sexa da man da Bioloxía


 Ou da Física




 Ou da Química


O que importa é que nos decatemos que ao noso arredor ocorren a cada instante cousas sorprendentes e marabillosas. Só tes que observar en vez de mirar...escoitar en vez de oir...déixate levar.
Felicidades Ana Palmero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, porque seguro que con esta actividade axudaches a poñer a primeira pedra neste senso. E parabéns tamén á rapazada de 1ºESO que tivo un comportamento exemplar na visita.

jueves, 20 de febrero de 2020

FINAL FELIZ PARA A EXTRACCIÓN

Esta mañá botámoslle unha ollada ao cristalizador onde xuntamos os extractos de cloruro de metileno e....SORPRESA


Ali estaba a cafeína cristalizada polo fondo e os bordes do recipiente de cristal. Evidentemente algo impura pola presencia dalgunha substancia que colorea un pouco os cristais...


Pero por determinadas zonas obtivemos concentracións de boa calidade


Polo menos puidemos comprobar in situ que a cafeína, unha molécula cunha estrutura moi curiosa...

preséntase perante os nosos ollos en forma de agullas...e reflexiona sobre a cantidade obtida...de 2 latas de Coca Cola...pouco máis de medio litro...sacamos esta cantidade salientable...e determinados estudios situan unha inxesta moderada de cafeína nuns 5 o u 6 mg por kg de peso..ou sexa unha persoa de 70 kg...350 mg...e neste cristalizador había uns 200mg (certo que non todo era cafeína) pero eran só 2 Coca Colas...reflexiona.