A verdade é que xa hai tempo que
non aparecen os famosos biscoitos polo blog (un día debateremos iso de
famosos...)
Pero este ano a profesora Antía Portela fixo renacer a proposta e claro, o alumnado de 3ºESO encantado.
O primeiro día que lle comunicas que van facer un biscoito o entusiasmo é xeneralizado.
Despois cando explicas ben a tarefa e aparece a letra pequena do contrato a cousa baixa un pelín.
Haberá que formar grupo, buscar receitas documentadas, ir ao supermercado e anotar prezos de ingredientes, facer cálculos matemáticos para saber o que hai que engadir e a que custo...e cando se teña todo en orde poderase pasar á fase presencial e elaborar o biscoito nas instalacións do instituto. E xa postos, ese día, non se pode esquecer o material, hai que organizar o grupo para traballar eficazmente...
En definitiva que o que pode parecer unha feira total, ao mellor ten máis de masterclass que de feira.
Sexa como sexa, ao final sempre acabamos pasando un momento moi entretido e elaborando uns produtos finais espectaculares. E este ano non ían ser menos.
O martes 10 de decembro os 5 grupos de 3ºESO asaltaron literalmente o laboratorio e o converteron nunha fábrica de chocolate, manteiga, risas e discusións a partes iguais.
O ambiente de traballo era frenético

A maior parte do tempo nesta actividade consiste en mesturar, mesturar e mesturar, tanto sexa a man...
Na mestura reside a esencia da química, para lograr que o contacto entre compoñentes sexa equilibrado e o resultado da xuntanza os converta nalgo mellor (este é o momento en que algún ousado pilla a metáfora, outro pon cara de empanada e outro segue mesturando tan pancho)
Non se trata de mesturar por mesturar, senón de ir engadindo cada cousa no intre axeitado
Lembra de novo que non por pesar máis vas ser máis importante na receita. Cada un desenvolve o seu papel e uns poucos gramos dun insignificante po pode darlle a consistencia xusta ao resultado final. Non o esquezas a próxima vez que intentes matar moscas a canonazos.
A lección que viña moi ben aprehendida era a da limpeza...o laboratorio quedou coma unha patena. Sempre é un pracer comprobar que entenden que a parte máis sucia é a que pode facer que o resultado sexa o máis limpo posible.
Así que despois disto:
Un grupo incluso se veu arriba e acabou elaborando dous biscoitos co cal ao final conseguimos 6 produtos. O aspecto en cru antes de ir ao forno prometía...
Neste momento da historia é onde é preciso facer un alto no camiño para agradecer a Vicente da panadería Os Corzás a súa amabilidade e desinterese facendo posible o cocido necesario para conseguir o biscoito final (dáme a min que pedir que nos compren unha cociña para isto vai quedar en nada, ja ja.)
Dito isto, cruzamos dedos durante media hora esperando que todas as boas vibras que nos daba o aspecto que tiña todo, se traducise nun sabor único facendo que o resultado final fose redondo.
Porque creo que todo o mundo entende que se te dedicas a facer biscoitos o que queres é que queden deliciosos. Moito traballo, moi boas mesturas, moita paciencia, moita limpeza...pero que o biscoito non sabe a nada....fracaso.
Pero non, ninguén fracasou. O complicado foi determinar cal foi o mellor dado o espectacular resultado final. Brownies, de iogurt, bica, de chocolate...desde logo na variedade está o gusto, pero neste caso o gusto estaba na TOTALIDADE.
Mirade que pinta
Os nosos máis sinceros parabéns a Antía pola organización e ao alumnado de 3ºESO polo traballo levado a cabo que por enriba vai repercutir na nota da avaliación...
E tamén a todos os que formamos parte do xurado pola dobre satisfacción de probar e valorar ,-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario