viernes, 17 de marzo de 2023
ISTO VAI DE PALABRAS...
jueves, 16 de marzo de 2023
CAPÍTULO 3: A EXTRACCIÓN E O SECADO
Despois dunha semana de repouso das 6 mostras de aceite filtrado e lavado, seguimos avanzando neste longo camiño que espero que nos conduza ao biodiesel final.
O mércores 15 de marzo aproveitamos unha horiña algo morta neste remate da segunda avaliación para levar a cabo a fase de illamento do aceite e secado do mesmo.
Unha das cousas máis importantes a controlar neste proceso é dispor dun aceite de partida coa menos cantidade de auga posible porque senón correremos o risco de sufrir reaccións colaterais que conduzan á formación de xabóns (saponificación do aceite...algo do que as nosas avoas saben máis ca nos...), qué é o peor que nos pode pasar porque convertirán o noso marabilloso limpo e cristalino medio de reacción nun lugar turbio e caótico que só nos servirá para provocar unha boa dor de cabeza (e non, isto non é unha metáfora da situación actual do planeta...).
Polo tanto seguimos apelando á paciencia dos nosos 6 valientes sufridores. É mellor ir pouco a pouco para intentar conseguir un bo produto de partida que nos asegure unha boa reacción de transesterificación.
Chegamos ao laboratorio e claro...alí estaba a nosa botella de aceite facendo de fase orgánica e a nosa auga facendo de fase acuosa. Non lles sorprendeu que esta estivera debaixo de aquela...porque xa sabían que aceite e auga eran inmiscibles (que non se mesturan vamos) e que a densidade do aceite é menor, co cal sitúase por riba da auga. Non obstante xa salientamos na entrada anterior que en 2 das probas non se podía apreciar de forma nítida a separación de fases.
Tocaba pensar un pouco: ¿Como imos quitar de aí dentro o aceite sen axitar nen mover a botella para non tirar por terra o traballo que fixo a gravidade pacientemente durante 7 días?
A solución: a pipetazos. Cunha pipeta Pasteur de 3 mL catro dos alumnos foron succionando o aceite pola parte superior da botella. Os outros dous empregaron pipetas de 15 mL succionando cun aspirador automático para rematar antes.
Tamén lle deron ao "coco" ideando métodos no caso de ter un recipiente con aceite moito máis grande...que se unha goma para sacar aceite por riba succionado e colocándoa máis baixa que a botella (como se algún deles xa tivese experiencia en "mangar" gasolina dalgún depósito de coche...ja ja...é broma pero si, foi algo que suxeriron inmediatamente), que se abrir un burato a unha altura axeitada na botella e sacar por el o aceite...a verdade é que no caso de dar o salto á macroescala xa temos ideas...
No noso caso ao cabo duns 15 minutos rematamos o proceso (non nos arriscamos a aproximarnos demasiado á interfase non fora a ser que metéramos de máis a pipeta e nos levásemos algo de auga na mesma, o cal non queríamos).
Aquí vemos a Cloe mans á obra
E aquí as burbulliñas que o microondas nos deixaba no vaso ao pouco tempo de empezar a quentar (sinal de que a posible auga que contiña estaba a escapar)
O microondas gañaba ao fornelo en rapidez por goleada
Porén, tampouco se trataba que quentar sen cabeza porque non só nos podíamos pasar de freada e meternos nun lío, porque nos podía ferver o aceite ou acadar o seu "flash point", ou sexa a temperatura á cal os vapores desprendidos se inflaman...non o quero nin pensar...pero tranquilos para que iso suceda habería que sobrepasar de longo os 200ºC (depende do tipo de aceite pero entre 200 e 300ºC andaría a cousa)
En definitiva, mellor controlar a temperatura...¿Cómo? pois sorpresa...no laboratorio temos una consola VTT de hai moitos anos pero que funciona perfectamente e que, entre outros, ten un sensor de temperatura que actúa como termopar, é dicir un termómetro co cal podemos medir temperaturas de centos de graos...señores e señoras...con vostedes a consola VTT en acción:
Como se pode comprobar en pantalla sobrepasamos os 100ºC con holgura asegurando a eliminación da maior parte da auga
Ao cabo de 15 minutos xa demos por rematada a sesión.
Foi curioso como quedou cada medio ao acabar...moi cristalinos todos (incluso os dous que tiveron unha extracción algo turbulenta)..fixádevos:
Pero pasado o tempo...a cousa, en frío, rematou así:
¿Notades algunha diferenza? pois mira tí, o medio máis cristalino de partida, o de Cloe, resulta que despois de illar e secar, ofrece unha turbidez salientable...umhhh xa temos para darlle á cabeciña toda a semana antes de pasar a caracterizar ben o noso aceite.
Iso será o seguinte capítulo e serviranos para aprender a avaliar a densidade dun medio mediante unha representación gráfica e a medirlle a súa acidez...sí acidez, seguramente se lle preguntas a túa nai ou pai, saberache dicir se compra aceite de 0,4 ou 1 grao de acidez...
xa veremos de qué vai isto...ata a semana que vén;-)
viernes, 10 de marzo de 2023
3 DÍAS DESPOIS...
martes, 7 de marzo de 2023
EMPEZAMOS A ANDAINA DO BIODIESEL
Hoxe empezamos con ilusión e con 6 alumnos e alumnas voluntarios e voluntarias de 4ºESO, unha bonita andaina polo mundo do biodiesel.
Espero que a aventura nos leve por sitios tan interesantes como a exploración bibliográfica, a purificación de compostos, a síntese química, a identificación de sustancias...e moitas máis cousas que nos fagan pensar e decidir en base a criterios científicos.
En definitiva unha pequena aproximación ao apaixoante mundo da ciencia; unhas poucas frustracións...aderezadas cunhas poucas ilusións...perseguindo un obxectivo común: saber como traballan os científicos.
Se de paso podemos transformar algo malo como o aceite usado en algo bo como un combustible para facer funcionar as máquinas...mellor que mellor.
Pero tranquilos, como diría Jack o destripador, imos por partes...se todo sae como queremos, imos ter moitos días para contar, cronoloxicamente moitas cousas.
Hoxe tivo a posta en acción.
Estes 6 valientes presentáronse ás 15:00h no laboratorio de química, cheos de curiosidade e enerxía para ver que lles esperaba.
Pois o que lle esperaba era...
1: Unha presentación do que iamos intentar facer, un pouco de química, sen pasarse, para non agobiar...
2: Unha posta en escea para porse mans á obra.
Cada un trouxo o seu pequeno bote de aceite usado e hala...a traballar.
A primeira fase era intentar quitarlle o máis "gordo" ao aceite, porque nisto dos aceites usados pódeste atopar de todo...así que habería que filtrar. As mostras que trouxeron non tiñan mala pinta e non houbo moito que quitar...pero algo é algo...
Aquí temos a Helena facendo pasar o seu aceite polo tamiz e xa medindo os aproximadamente 250 mL que imos empregar para a primeira proba.
O seguinte paso nesta primeira fase de purificación do aceite usado era extraerlle todo o que puidera conter e fose máis soluble en auga...para iso introduciron o aceite nas súa botellas de plástico:
E a continuación engadir meter nesa botella uns 50 mL de auga, pechar co tapón e axitar enerxicamente para acadar un contacto moi fino entre a fase acuosa e a fase orgánica. Así todo o que puidese estar flotando a nivel microscópico polo aceite fose arrastrado pola auga nesa loita "corpo a corpo" entre ambos disolventes.
Este é o aspecto das diferentes botellas despois deste proceso de extracción tras un repouso de aproximadamente 18 horas.
lunes, 28 de noviembre de 2022
FISIQUIÑOS 2022-23: QUÍMICA NA COCIÑA
Aquí estamos de volta. Curso 2022-23 iniciado, motores xa en quecemento e arrancamos un novo ano de "cousiñas" arredor disto que algúns están empeñados en chamar ciencia...(outros chámano vivir, outros nin o chaman...porque creen que non o utilizan...ainss bendita ignorancia).
Bueno, que me lío...os que algunha vez botastes unha ollada ao que aquí escribimos xa sabedes cal é o noso obxectivo: provocar a curiosidade e o interese sobre aspectos de caracter científico e levar a cabo experiencias relacionadas.
Este ano xa temos en marcha un taller de papiroflexia e o tradicional concurso de cifras e letras que organiza o departamento de matemáticas. No seu momento terán a súa entrada para ver como trancorreu o proceso e os resultados obtidos.
Pero hoxe empezamos pola primeira actividade que, visto o visto, parece que se está a converter nun clásico entre o alumnado de 3ºESO de física e química.
Sempre é un pracer aproximar o mundo da cociña á rapazada pero dándolle un enfoque químico porque hai mooooita química en cada mestura, en cada reacción, en cada adición de ingredientes...
Todo culmina nunha xornada especial (e algo estresante, por certo, porque a loxística do evento implica o forno final...do cal carecemos, máis aí sempre sae ao rescate o noso amigo Vicente, ao cal lle estamos sempre e eternamente agradecidos...) que agora recollemos no arquivo que podedes visualizar no enlace inferior.
Soemos chamerlle fisiquiños porque non atopo unha palabra mellor para definirt isto tan indefinible...non son só fotos, non é so un relato, é un pouco de todo, anaquiños de realidade con un pouco de química e outro de física, reflexións de "todo a cen" se o queres ver así.
Convidámosche a poñerte cómodo se dispós de 5 minutos, darlle ao play en you tube en
https://www.youtube.com/watch?v=uJUe0xwjAW4
e deixarte levar facendo clic aqui.
Como probas do que ides a ver...algúns "botóns":
sábado, 18 de junio de 2022
DESPEDIDA DE CURSO
Por outra banda tamén puxeron en marcha, en colaboración co Equipo da Biblioteca do centro, puxo en marcha un concurso de vídeos consistente en explicar algún contido matemático dunha maneira lúdica, diferente, animada, á que chamaron CONTANDO MATES.






























































